lunes, 2 de marzo de 2026

SEMANA DE ROSALÍA

   Do 23 ao 27 de febreiro celebramos no cole a Semana de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data tan especial o Equipo de EDLG preparou distintas actividades para dar a coñecer a vida e a obra da nosa escritora máis universal. Todas as mañás empezamos a xornada coa cantiga " Eu ben vin estar o moucho" que é unha poesía de Rosalía cantada por Migallas.

LUNS 23

   Na clase atopamos un sobre. Dentro tiñamos un quebracabezas dunha letra do nome de Rosalía para colocar no mural e formar así o seu nome.

    No sobre tamén atopamos outra peza de puzzle para completar a imaxe de Rosalía no hall de Primaria.


MÉRCORES 25

   Na clase atopamos esta pista:


   Entre tod@s descubrimos que tiñamos que ir ao Pavillón. Alí Estefanía tiña preparada unha gymkana para atopar unha portada dun libro de Rosalía.



      Como tod@s fíxemos moi ben a gymkana conseguimos a carátula para o mural de Rosalía.


VENRES 27

   Como remate desta semana tan importante, os nen@s de Educación Infantil cantamos "Eu ben vir estar o moucho"















    







  

No hay comentarios:

Publicar un comentario