Hoxe 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no cole. Para conmemorar esta xornada tan especial pintamos nas clases un xirasol que é o símbolo mundial das discapacidades ocultas: autismo, epilepsia...
E tamén visitamos a Sala Xirasol que temos no cole. Estas salas están identificadas en moitos aeroportos ( Madrid, Barcelona, Málaga, Londres, Dublín, Edimburgo, Zúrich...) para as persoas con discapacidades ocultas ou non visibles que precisan axuda ou atención. Son ambientes tranquilos para reducir o estrés en entornos ruidosos ou concurridos como poden ser os aeroportos.
Por último todos os nen@s de Infantil e Primaria cantamos "Mil voces, mil miradas" no hall como remate deste día tan importante, lembrando que a paz ten que celebrarse todos os días do ano.








No hay comentarios:
Publicar un comentario