lunes, 20 de abril de 2026

II FEIRA DO LIBRO

    O venres 17 celebramos a II Feira do Libro. Pola mañá os nen@s de Infantil asistimos a súa inaguración.


      Unha das actividades foi un obradoiro con Pablo Otero que nos ensinou todas as cousiñas que se poden facer con libros reciclados.




    Despois demos un paseo para visitar as librerías e ver todas as portadas dos libros que fixemos no cole.





   Ás dez e media disfrutamos co concerto de Paco Nogueiras onde puidemos bailar e cantar todas  as súas cancións.





      E por último paramos no photocall da feira para facer unha foto de grupo e ter un recordo desta xornada tan especial.







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario