TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

domingo, 15 de diciembre de 2019

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E PRANTAS

Durante este curso participaremos a nivel de centro no "Plan Proxecta" adicado aos animais.
O día 10 de decembro tivemos unha visita moi especial: Holly, Pequitas e Jack, tres canciños 
rescatados por Elena (voluntaria da protectora), viñeron ao cole e puidemos disfrutar coas súas habilidades.




Xa no Salón de Actos puidemos ver un video para coñecer a labor tan importante que se fai dende a protectora no coidado e adopción responsable de animais.
 Por último disfrutamos dun conto baseado en historias reais de canciños que tiveron a sorte de atopar un novo fogar.
Dende o cole vaise a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos e cousiñas que poidan necesitar para mellorar as condicións dos animais da protectora.
Grazas pola vosa colaboración !!!








domingo, 1 de diciembre de 2019

" FROZEN 2"

O martes 26 viaxamos ata Lugo para ver a película "Frozen 2" nos cines Cristal.
Disfrutamos moito coas aventuras de Ana e de Elsa (as dúas protagonistas que viven nun castelo de xeo) e tamén tivemos a oportunidade de ver o cine por "dentro" e coñecer a sala de proxeccións.
Pero antes, na taquilla, mercamos a nosa entrada cos "cartos" que levabamos do cole e, coa axuda das profes, buscamos a fila e o número das nosas butacas.








AS PARELLAS DO AUTOBÚS

Como facemos sempre que imos de excursión eleximos as parellas para ir no autobús. Así quedaron nesta ocasión:


domingo, 24 de noviembre de 2019

TALLERES COS NEN@S DE 5º DE PRIMARIA

Cos nen@s da clase de Isa estamos a facer un mural de outono. A idea é que os máis maiores traballen cos pequenos para facer unha actividade interclase  que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Eu ademais, moi contenta de repetir talleres cos meus antigos alum@s que xa están en 5º de Primaria e que xa son dos máis maiores do cole.





















domingo, 17 de noviembre de 2019

O RECUNCHO DA CALMA

Na clase hai momentos de moita actividade: tempos de xogo, de música e baile, de cancións, de contos, de plástica ... pero tamén hai momentos para a tranquilidade.
Por este motivo tamén temos un recuncho ao que podemos ir cando queremos relaxarnos, descansar, estar tranquilos... 
E o noso RECUNCHO DA CALMA que disfrutamos tod@s pero de un en un:







domingo, 3 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS SAMAÍN

O mércores 30 viñemos caracterizados de personaxes de "medo" para conmemorar esta festa tradicional galega. Na clase fixemos un desfile para mostrar aos compañeir@s os nosos disfraces:








Tamén fixemos un "photocall" que preparou a profe de música. Grazas Mariana !!!




VASOIRAS TERRORíFICAS

Unha das actividades previstas para Samaín foi a decoración de vasoiras terroríficas que os nen@s trouxeron da casa e que "tunearon" coa axuda dos seus papás. Na clase ensinamos as nosas escobas aos compañeir@s e contamos como estaban feitas:


Coas vasoiras de todas as clases de Infantil ambientamos o pavillón que quedou así de 
"terrorífico":