E así de elegantes viñemos para celebrar esta data tan especial:
lunes, 30 de diciembre de 2019
FIN DE ANO
O xoves 19 celebramos no cole o noso particular " Fin de Ano". Ás doce en punto do mediodía xuntámonos tod@s os nen@s de Infantil e de Primaria para dar a benvida ao 2020 e tomar os 12 "gusanitos" da sorte. Tivemos dous estupendos presentadores: María e Abraham, que nos retransmitiron as doce badaladas directamente dende a Porta do Sol de Madrid. Todos xuntos bailamos para recibir, con moito ritmo, o novo ano.
E así de elegantes viñemos para celebrar esta data tan especial:
E así de elegantes viñemos para celebrar esta data tan especial:
CLASE DE NADAL
Estas datas son moi especiais para os máis pequenos. No cole vivimos con ilusión, nervios e moita emoción estes días de festa e por iso quixemos decorar e ambientar a nosa clase de Nadal que quedou así de "navideña":
domingo, 29 de diciembre de 2019
CONTO POLA IGUALDADE
Nesta última semana tamén tivemos un contacontos dentro das actividades relacionadas co día internacional contra a violencia de xénero e que celebramos no cole o día 25 de novembro.
Na clase falamos de que os nenos e as nenas somos iguais e de que tod@s podemos facer as mesmas cousas.
O conto que leva por título "Vivan las uñas de colores" narra a historia de Juan, un neno ao que lle gusta pintar as uñas de cores pero que está triste porque na escola se rin del.
Xa na clase debuxamos o conto que nos quedou así de bonito:

sábado, 28 de diciembre de 2019
OBRA DE TEATRO INTERÁCTIVA EN INGLÉS
O día 12 tivemos a oportunidade de disfrutar dunha obra de teatro en inglés onde os nen@s puidemos interactuar e participar de forma activa na representación. Unha maneira moi divertida de escoitar, falar e cantar noutro idioma.
domingo, 15 de diciembre de 2019
VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E PRANTAS
Durante este curso participaremos a nivel de centro no "Plan Proxecta" adicado aos animais.
O día 10 de decembro tivemos unha visita moi especial: Holly, Pequitas e Jack, tres canciños
rescatados por Elena (voluntaria da protectora), viñeron ao cole e puidemos disfrutar coas súas habilidades.
Xa no Salón de Actos puidemos ver un video para coñecer a labor tan importante que se fai dende a protectora no coidado e adopción responsable de animais.
Por último disfrutamos dun conto baseado en historias reais de canciños que tiveron a sorte de atopar un novo fogar.
Dende o cole vaise a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos e cousiñas que poidan necesitar para mellorar as condicións dos animais da protectora.
Grazas pola vosa colaboración !!!

domingo, 1 de diciembre de 2019
" FROZEN 2"
O martes 26 viaxamos ata Lugo para ver a película "Frozen 2" nos cines Cristal.
Disfrutamos moito coas aventuras de Ana e de Elsa (as dúas protagonistas que viven nun castelo de xeo) e tamén tivemos a oportunidade de ver o cine por "dentro" e coñecer a sala de proxeccións.
Pero antes, na taquilla, mercamos a nosa entrada cos "cartos" que levabamos do cole e, coa axuda das profes, buscamos a fila e o número das nosas butacas.

AS PARELLAS DO AUTOBÚS
Como facemos sempre que imos de excursión eleximos as parellas para ir no autobús. Así quedaron nesta ocasión:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)