lunes, 17 de febrero de 2020
PREPARANDO O ENTROIDO
Do 17 ao 21 de febreiro imos celebrar no cole a festa do Entroido. Por este motivo durante a semana decoramos entre tod@s un anteface para ambientar o noso pavillón:
COÑECEMOS A PANCHO, A MASCOTA DE MATEO
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu visitarnos Pancho, o cadeliño de Mateo.
Mateo, xunto coa súa mamá, contounos moitas cousas da súa mascota (que come, como hai que coidalo, cantos anos ten, como é... ). Pancho portouse fenomenal e incluso deixou que o acariñaramos. Moitas grazas Mateo e moitas grazas Carmen e Pancho por vir a nosa clase !!!

" PROHIBIDA LA ENTRADA A LOS ELEFANTES " EN SAN VALENTÍN
En Infantil celebramos o 14 de febreiro, día do amor e da amizade, cun contacontos.
Na caixa de luz, coa profe Lorena, contamos a historia "Prohibida la entrada a los elefantes"
que narra a especial amizade entre un neno e a súa mascota.
Durante a semana fixemos, entre tod@s os nen@s de Infantil, un mural que reproduce a portada deste conto, para decorar o pavillón e conmemorar o noso particular "San Valentín".
PELUQUERÍA CANINA
A semana pasada tivemos en Infantil unha sesión de peluquería canina onde unha perruqueira nos explicou como hai que coidar a hixiene dos cadeliños. Ademais tivemos a sorte de poder cepillar e peitear a tres canciños que se portaron fenomenal e aos que deixamos "moi guapos".
Dende aquí queremos aproveitar para dar as grazas a perruqueira e as súas axudantes pola experiencia e polo seu tempo.
Dende aquí queremos aproveitar para dar as grazas a perruqueira e as súas axudantes pola experiencia e polo seu tempo.
TALLERES CON SEGUNDO DE PRIMARIA
Durante dúas sesións os nen@s da profe Alba e os nen@s de catro anos fixemos un taller conxunto para realizar un mural empregando diferentes técnicas (pintura, estampación, collage...). No mural aparecen Zebra e Panda os protagonistas do conto "No pasa nada" de
Xabi López que previamente contamos nas dúas clases.
Unha historia de animais que nos fala do respeto, da amizade, da solidaridade,
da importancia de axudar aos demais, de compartir...
O obxectivo deste obradoiro é que os nen@s maiores e os máis pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e de relacionarse nunha actividade lúdica nun contexto diferente e con outras profes. Unha actividade que seguro repetiremos !!!

lunes, 3 de febrero de 2020
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Dentro do plan Proxecta estamos a facer distintas actividades para concienciar aos nen@s da importancia que teñen os animais na nosa vida cotiá e da necesidade de coñecelos para poder valoralos e aprender a respectalos e coidalos.
Hoxe tivemos a sorte de ter na clase a Sara, a nai de Nora da clase de 5 anos, que é veterinaria.
Sara explicounos moitas cousas dos coellos e doutros animais que temos na casa. Tamén puidemos facer preguntas e incluso escoitar como late o corazón do coelliño cun fonendo.
Unha visita que nos gustou moito e que compartimos cos nen@s de Belén e de Carmen.
Moitas grazas Nora e Sara !!!

sábado, 1 de febrero de 2020
CORAZÓNS PARA A PAZ
Na casa decoramos uns corazóns para celebrar o día da Paz. O xoves baixamos por cursos ao patio de Infantil para colgar na árbore (que pintaron para a ocasión as profes Mónica e Mariana) os nosos corazóns que representan valores como a amizade, o respeto, a paz , a tolerancia... que traballamos a diario no cole e que tamén representa o conto de Elmer.
Outra das actividades para conmemorar esta data tan importante foi pintar, tamén por cursos, as cores do elefante Elmer que tamén temos no noso patio de Infantil e que quedou así de bonito:
Outra das actividades para conmemorar esta data tan importante foi pintar, tamén por cursos, as cores do elefante Elmer que tamén temos no noso patio de Infantil e que quedou así de bonito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)