Moitas grazas polos vosos debuxos. Gustáronme moito. SON PRECIOSOS !!!
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 13 de diciembre de 2020
viernes, 6 de noviembre de 2020
INSTALACIÓN ARTÍSTICA
A profe de apoio Fani propúxonos crear nas aulas INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS que, segundo o artista Javier Abad, son espazos de experimentación e transformación na que os nen@s, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, constrúen o seu propio coñecemento.
Ademais fomentan o xogo, a socialización, a exploración, a creatividade ... e co emprego de materiais de reciclaxe permiten traballar dende a escola o coidado do planeta.
Na nosa clase usamos elementos propios do outono xunto con materiais de reciclaxe:
domingo, 1 de noviembre de 2020
DISFRACES DE SAMAÍN
O venres 30 vivimos unha xornada festiva no cole. Na clase fixemos un desfile e moi guapos, todos disfrazados, disfrutamos do Samaín:
viernes, 30 de octubre de 2020
MONSTROS DE SAMAÍN
Para celebrar Samaín cada clase escolleu un personaxe da canción de "Uxía Lambona e a banda molona" para decorar as aulas e ambientar o pavillón de Infantil. Nosoutros eleximos os monstros:
ARAÑAS MUSICAIS
As clases de música con Mariana son moi divertidas. Con xogos e cancións traballa moitos conceptos musicais e ademais esta semana, para celebrar Samaín, pintounos a cara cunha araña "terrorífica":
domingo, 25 de octubre de 2020
OS NOSOS RECUNCHOS
Na clase temos 3 recunchos de xogo:
- O rincón da cociña
- O rincón de pintar
- O rincón dos coches e as construccións
Este curso con poucos materiais e xoguetes para unha mellor hixiene e desinfección:































