viernes, 6 de noviembre de 2020

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

    A profe de apoio Fani propúxonos crear nas aulas INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS que, segundo o artista Javier Abad, son espazos de experimentación e transformación na que os nen@s, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, constrúen o seu propio coñecemento.
Ademais fomentan o xogo, a socialización, a exploración, a creatividade ... e co emprego de materiais de reciclaxe permiten traballar dende a escola o coidado do planeta.

Na nosa clase usamos elementos propios do outono xunto con materiais de reciclaxe:









Tod@s disfrutamos desta experiencia tan atractiva e divertida que seguro repetiremos.         Grazas Fani !!!


2 comentarios:

  1. Gustoulles moito!!! É unha actividade moi creativa onde se fomenta a imaxinación, o xogo, a socialización, o traballo cooperativo, o aproveitamento de materiais, o reciclaxe ... Repetiremos!

    ResponderEliminar