Martiño trouxo un niño para ensinar aos seus compañeir@s. Un niño que estaba nunha árbore e que atopou cando camiñaba cos seus avós. Na clase aproveitamos para ver un vídeo sobre o cuco, un páxaro que chega a finais de marzo ou principios de abril, anunciando a primavera co seu característico canto. Grazas Martiño !!!
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 9 de mayo de 2021
domingo, 2 de mayo de 2021
DE CORES
En Infantil decoramos o noso pavillón entre tod@s con flores, xoaniñas e bolboretas para poñer cor a estación da primavera:
viernes, 23 de abril de 2021
O DÍA DO LIBRO
Para conmemorar este día tan especial, este venres 23 de abril contamos na clase o conto: "A princesa do Caurel" da editorial OCO e escoitamos a canción:
sábado, 10 de abril de 2021
EN SEMANA SANTA
Area quixo compartir connosco a foto da súa casiña de caracois. Ademais aproveitou para contarnos o que comen, como son e de que materiais está feita a súa casa:
Tamén Luca compartiu as fotos da súa visita a CORAX, un centro educativo da fauna salvaxe na natureza que está en Paderne en A Coruña. Alí, xunto co seu irmán Kenzo, puido ver serpes, tartarugas, tigres, leóns, monos, suricatos, mapaches, aves rapaces ... e moitos outros animais. Luca deunos moita información destas especies autóctonas e foráneas:
Moitas grazas aos dous por compartir as vosas fotos e as vosas experiencias !!!
domingo, 14 de febrero de 2021
DÍAS DE ENTROIDO
martes, 22 de diciembre de 2020
BO NADAL E FELICES FESTAS!!!
Neste ano tan complicado e difícil quería desexarvos un Bo Nadal e unhas Felices Festas e que o 2021 veña cargado de saúde para tod@s. Disfrutade moito destes días en familia e ogallá poidamos vernos pronto. Moitos bicos para os meus nen@s !!!


















