martes, 13 de febrero de 2024

VENRES 9 DE FEBREIRO: DESFILE DE ENTROIDO

                                                  " LIBETECA NA MIÑA MALETA,

                                           VIREMOS DO PROXECTO DESTE ANO "

   O venres 9 celebramos no pavillón o desfile de Entroido adicado este ano aos países. Con Willy Fog e o seu axudante demos a volta ao mundo e visitamos países tan interesantes como Escocia, China, Brasil, Portugal, España, México, Madagascar, India, Arxentina... entre outros.

   








 




domingo, 11 de febrero de 2024

XOVES 8 DE FEBREIRO

                                 " DISFRUTADE, CO QUE QUEIRAMOS VIREMOS

                                           E  XUNTOS XENIAL O PASAREMOS "

















domingo, 4 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ

    O martes 30 celebramos no cole o Día da Paz. No Salón de Actos disfrutamos dunha obra de teatro que preparou a profe Elvira.




      Despois no hall de Primaria cantamos tod@s xunt@s unha canción pola Paz que ensaiamos coa profe Mariana.




      Na clase coñecemos a historia de Sadako, unha nena xaponesa que enfermou polos efectos da bomba atómica. Unha antiga lenda de Xapón di que o teu maior desexo farase realidade construindo mil grullas de papel. 


      Sadako decidiu facer as 1000 grullas para pedir a súa curación e a paz no mundo.


   No cole tamén quixemos pedir a Paz mundial elaborando as 1000 grullas de papel. Moitas grazas familias pola vosa axuda e colaboración !!! Ogallá se cumpra o noso desexo.