Adicamos estes primeiros días de decembro a decorar a nosa clase e preparar adornos para ambientar o pavillón de Infantil. En tres anos fixemos calcetíns de Nadal para as fiestras que quedaron así de bonitos:
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 15 de diciembre de 2024
viernes, 6 de diciembre de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No cole celebramos esta data tan importante cos nen@s do C.E.E. Santa María que viñeron ao noso centro para contarnos o conto "Está ben ser diferente" Ademais os nen@s deixaron para todo o alumnado de Infantil unha caixa que prepararon coas súas profes con materiais, retos, videos explicativos ( braille, lengua de signos... ) moi interesante para traballar nas aulas.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!
domingo, 17 de noviembre de 2024
LUNA LUNERA
Esta semana fixemos un mural para decorar a nosa clase. Contamos o conto de " Papá, por favor, consígueme la luna " de Eric Carle que narra a historia de Mónica, unha nena que pide ao seu papá que lle baixe a lúa para xogar con ela.
Con témpera e pinceis pintamos o mural que quedou así de bonito:
domingo, 10 de noviembre de 2024
viernes, 1 de noviembre de 2024
A FESTA DE SAMAÍN
O mércores 30 celebramos a festa de Samaín. Este ano o tema elexido para o disfrace foi a familia Addams. Así de guap@s viñemos ao cole:
Este día de festa disfrutamos cos amig@s dunhas merendas terroríficas que estaban moi, moi ricas!!!
E para rematar esta xornada festiva os nen@s de sexto de Primaria viñeron a nosa clase a contarnos contos dentro da actividade de apadriñamentos lectores: "Lecturas ás escuras" MOITAS GRAZAS!!!
DECORACIÓN DE SAMAÍN
Con caixas de cartón decoramos, coa axuda dos papás, lápidas arrepiantes para homenaxear aos inventores da historia e deste xeito ambientar os corredores de Infantil e Primaria.






















































