TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

domingo, 22 de diciembre de 2024

A VISITA DE PAPÁ NOEL

 Con moita ilusión preparamos a carta para Papá Noel:


   E aproveitando que, a pesar do moito traballo que ten estes días, Papá Noel veu ao cole a visitarnos, deixamos as nosas cartas no buzón e fixémonos unha foto con el. 

GRACIÑAS PAPÁ NOEL POLA VISITA!!!



domingo, 15 de diciembre de 2024

TALLERES COS NEN@S DE 1º DE PRIMARIA

    Cos nen@s da clase de Silvia de 1º de Primaria fixemos un obradoiro de Nadal. O obxectivo é que os nen@s maiores e os pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e relacionarse nunha actividade lúdica, nun contexto diferente e con outras profes. Unha actividade que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Nas dúas aulas e durante dúas sesións fixemos un mural empregando diferentes técnicas: pintura, estampación, collage... Eu ademais, moi contenta de seguir en contacto e compartindo experiencias cos meus antigos alumn@s que xa están no cole grande. Gustounos tanto a actividade que seguro repetiremos!!! 

     SESIÓN 1













    SESIÓN 2
 























TEMPO DE NADAL

   Adicamos estes primeiros días de decembro a decorar a nosa clase e preparar adornos para ambientar o pavillón de Infantil. En tres anos fixemos calcetíns de Nadal para as fiestras que quedaron así de bonitos:











viernes, 6 de diciembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    O día 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No cole celebramos esta data tan importante cos nen@s do C.E.E. Santa María que viñeron ao noso centro para contarnos o conto "Está ben ser diferente" Ademais os nen@s deixaron para todo o alumnado de Infantil unha caixa que prepararon coas súas profes con materiais, retos, videos explicativos ( braille, lengua de signos... ) moi interesante para traballar nas aulas.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!