O día 23 celébrase o día de Rosalía. No cole fixemos caligramas coa súa cara en Primaria e con forma de folla en Infantil para colocar nunha árbore e conmemorar así o nacemento desta importante escritora galega.
viernes, 21 de febrero de 2025
domingo, 16 de febrero de 2025
SAN VALENTÍN
O venres celebramos no cole o día de San Valentín: o día do amor e da amizade. Cantamos a canción de "Ser amigos" e durante a semana fixemos unha manualidade para agasallar a quen queremos moito: papás, mamás, irmáns, avós, curmáns... Este foi o resultado:
domingo, 9 de febrero de 2025
PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE LEO, O IRMÁN DE MARCO
O martes 4 Marco presentounos ao seu irmán Leo que ten cinco meses. Marco contounos moitas cousiñas como por exemplo que canta a canción de "Catro vellos mariñeiros" para calmar a Leo cando se pon a chorar. Como agasallo deste día especial fixemos un libro de debuxos para Leo e cantamos a canción dos bebés.
Grazas LEO, LUCÍA e FRAN pola visita e grazas MARCO por presentarnos ao teu irmán.
domingo, 2 de febrero de 2025
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz. Nas clases fixemos reproducións de cadros de diferentes autores que teñen en común esta temática. Na nosa aula pintamos e decoramos entre tod@s a pomba de Andy Warhol que quedou así de bonita:
Despois tod@s os nen@s do cole xuntámonos no Hall de Primaria para cantar "Somos la paz" de Unai Quirós e reivindicar a importancia de traballar todos os días pola PAZ.
miércoles, 29 de enero de 2025
PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE MARÍA, A IRMÁ DE MANUEL
O martes 28 tivemos na clase a visita de María. Manuel contounos moitas cousiñas da súa irmá que xa ten 15 meses. Cantamos a canción dos bebés e tamén fixemos con moito cariño un libro de debuxos como agasallo desta visita tan especial.
Grazas AZUCENA e MARÍA pola visita e grazas MANUEL por presentarnos a túa irmá.
domingo, 26 de enero de 2025
CANTO CONTO!!!
Na clase sempre hai tempo para os contos. Despois da merenda e antes de saír ao recreo gústanos moito compartir historias cos amig@s.
miércoles, 8 de enero de 2025
VIÑERON OS REIS !!!
Que alegría!!! Hoxe foi un día de reencontro cos amig@s pero ademais cando chegamos a clase atopamos uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos e que nos gustaron moito. Melchor, Gaspar e Baltasar saben que no cole traballamos moi ben e que nos portamos fenomenal.
MOITAS GRAZAS MAXESTADES !!!


































