O xoves 30 celebramos Samaín e así de "terroríficos" viñemos ao cole:
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 2 de noviembre de 2025
PANTASMAS
Para decorar e ambientar a nosa clase polo Samaín, fixemos unhas pantasmas que pintamos con témpera e que quedaron así de bonitas:
viernes, 24 de octubre de 2025
CALDEIROS E PÓCEMAS DE SAMAÍN
Este ano ambientamos o pavillón de Infantil cos caldeiros e as pócemas que viñeron da casa e que os nen@s decoraron coa vosa axuda. Moitas grazas papás por colaborar! Sodes uns artistas!!!
ARAÑA, ARAÑITA...
Esta semana estivemos moi ocupados preparando cousiñas para Samaín. Fixemos unhas arañas para a porta da clase que recortamos, picamos e decoramos con gomets. Este foi o resultado:
miércoles, 17 de septiembre de 2025
PRIMEIRO DÍA DE CLASE
Un novo curso, unha nova clase, un ano máis maiores... Iniciamos xunt@s unha nova aventura: a aventura de aprender, de compartir experiencias, actividades, espazos, tempos e moitos momentos únicos cos compañeir@s.
BENVID@S E PREPARADOS QUE COMEZAMOS !!!




















































