O venres 13 de febreiro celebramos no cole o festival de Entroido. Cada nivel de Infantil e Primaria preparamos unha actuación de distintos estilos musicais. Os nen@s de 4 anos eleximos a música disco dos 80 coa canción "Bailando" de Alaska. Fixémolo xenial!!!
martes, 17 de febrero de 2026
domingo, 15 de febrero de 2026
miércoles, 11 de febrero de 2026
lunes, 9 de febrero de 2026
viernes, 30 de enero de 2026
DÍA DA PAZ
Hoxe 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no cole. Para conmemorar esta xornada tan especial pintamos nas clases un xirasol que é o símbolo mundial das discapacidades ocultas: autismo, epilepsia...
E tamén visitamos a Sala Xirasol que temos no cole. Estas salas están identificadas en moitos aeroportos ( Madrid, Barcelona, Málaga, Londres, Dublín, Edimburgo, Zúrich...) para as persoas con discapacidades ocultas ou non visibles que precisan axuda ou atención. Son ambientes tranquilos para reducir o estrés en entornos ruidosos ou concurridos como poden ser os aeroportos.
Por último todos os nen@s de Infantil e Primaria cantamos "Mil voces, mil miradas" no hall como remate deste día tan importante, lembrando que a paz ten que celebrarse todos os días do ano.
domingo, 11 de enero de 2026
VIÑERON OS REIS ¡¡¡
Despois das vacacións de Nadal chegamos ao cole e atopamos os regalos que nos deixaron os Reis Magos na clase: un barco pirata e un xogo de Imanix para compartir cos amig@s. Unha boa maneira de empezar o ano.
MOITAS GRAZAS MELCHOR, GASPAR E BALTASAR !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















































