TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

sábado, 26 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL

O venres 18  celebramos no cole un festival de Nadal con actuacións de todos os cursos de Infantil. Os nenos de tres anos B preparamos unha panxoliña de Mamá Cabra e tamén cantamos unha canción en inglés cos compañeiros da outra clase de tres.  Estamos feitos uns artistas:







FELICITACIÓN DE NADAL

Os nenos/as da clase de tres anos desexamos que pasedes unhas boas festas de Nadal. Feliz 2016 !!!

CALENDARIOS

Coa  axuda dos papás os nenos/as da clase fixeron estes calendarios do 2016 con debuxos do Nadal. Quedaron así de bonitos e orixinais:




lunes, 9 de noviembre de 2015

" MAGIA POTAGIA"

O venres viñeron a nosa clase os amigos de 3 anos A e xuntos fixemos maxia para pintar unhas bonitas follas de outono. Non faltau  nin o po máxico, nin a témpera, nin por suposto a vara máxica moi importante para facer os nosos feitizos:





















viernes, 6 de noviembre de 2015

NA CLASE NOVA

Fai uns días fixemos a mudanza e xa estamos instalados na nosa clase nova. Esta na planta baixa do pavillón de Infantil e o mellor son os baños que compartimos cos outros compañeiros de 3 anos:










viernes, 30 de octubre de 2015

O SAMAÍN

Esta semana celebramos  no cole a festa de Samaín con distintas actividades . En Infantil traballamos uns poemas de Manuel María sobre o lobo e a lúa e que gardan relación con esta festa de orixe celta. Entre todos fixemos un mural colectivo: 
- os nenos de tres anos pintamos o ceo de noite
- os nenos de catro: o lobo
- e os nenos de cinco: a lúa.
Tamén ambientamos a entrada de Infantil con pantasmas, morcegos e bruxas que os nenos decoraron na casa coa axuda dos seus papás.
O xoves pola mañá recitamos todos xuntos os poemas de Manuel María e na clase de 3 anos decoramos a nosa poesía da lúa lueira. 



Moi orixinales e creativas as pantasmas
Grazas papás por colaborar


Recitando a poesía " A lúa e o lobo"
Podedes ver o video na páxina web do cole


A lúa de Manuel María


MURAL DE SAMAÍN