Sempre que imos de excursión eleximos ao noso compañeiro/a de viaxe e compartimos asiento no autobús:
jueves, 9 de noviembre de 2017
sábado, 4 de noviembre de 2017
MONSTROS !!!!
Para conmemorar Samaín decidimos ambientar o noso pavillón dunha maneira un pouco
"monstruosa" e decorar as portas con estes personaxes que a verdade non dan moito medo.
Despois de recortar moito o monstro de 5 anos quedou así de simpático:
Técnica: recortado, pegado
Materiais: papel continuo, tixoiras, pegamento, gomets, porexpan
Na clase cada neno/a tamén fixo o seu monstro particular para levar á casa.
O primeiro foi elexir o corpo de seis posibles modelos:
Despois coa axuda dun dado fomos creando o monstriño en función dos números que ían
saíndo para debuxar ollos, narices, bocas, brazos e pernas. Foi moi divertido e este foi o resultado:

viernes, 3 de noviembre de 2017
SAMAÍN E MAGOSTO
O martes 31 foi un día moi especial porque celebramos a festa do Samaín e o Magosto.
Pola mañá fixemos na clase un desfile caracterizados de celtas:
Asier trouxo unha cabaza decorada. Na asamblea contounos como estaba feita e o que máis
nos gustou foi apagar as luces e baixar as persianas para ver a cabaza acendida:
Tamén aproveitamos para visitar a exposición de cabazas do pavillón de Infantil e de Primaria:
Pola tarde celebramos o Magosto e todos xuntos comemos as castañas asadas que estaban moi, moi ricas:
Pola mañá fixemos na clase un desfile caracterizados de celtas:
nos gustou foi apagar as luces e baixar as persianas para ver a cabaza acendida:
Tamén aproveitamos para visitar a exposición de cabazas do pavillón de Infantil e de Primaria:
Pola tarde celebramos o Magosto e todos xuntos comemos as castañas asadas que estaban moi, moi ricas:
viernes, 27 de octubre de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O martes 24 foi o Día das Bibliotecas e para celebralo visitamos a biblioteca do cole para disfrutar da obra de teatro "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" de Manuel María que representaron os nenos/as de 6º de Primaria.
Tamén fixemos unha medalla conmemorativa deste día:

sábado, 14 de octubre de 2017
PROXECTO: "AS VACACIÓNS DE VERÁN"
Adicamos os primeiros días de cole a facer un pequeno proxecto sobre as vacacións co obxectivo de compartir cos amigos/as as experiencias, as vivencias e as lembranzas destes meses de verán.
Cada neno/a trouxo algunha fotografía do seu lugar de vacacións para comentar na asamblea
e ademais falamos:
- dos medios de transporte utilizados para viaxar
- da roupa de verán que levamos na maleta
- das actividades de lecer
- das persoas coas que compartimos as vacacións ...
Tamén aproveitamos para recordar algúns dos conceptos xa traballados no curso pasado
( grafomotricidade, trazos, lóxica-matemática ... ).
E por último fixemos unha portada que nos quedou así de bonita:
Técnica: estampación, recortado, pegado
Materiais: cartulina, témpera, corchos, papel charol, papel prata, tixoiras, pegamento, gomets

viernes, 13 de octubre de 2017
XA ESTAMOS DE VOLTA !!!
Cómo pasa o tempo !!!
Parece que foi onte cando chegamos ao cole por primeira vez e xa estamos no último curso de Infantil. Un curso que iniciamos coa mesma ilusión de sempre e con algún que outro cambio. Cris e Samuel xa non están porque marcharon a outro cole e ademais viñeron tres nenos novos:
Maya, Nicole e Matteo que é italiano.
O mes de setembro foi para todos un mes de adaptación pero agora xa estamos preparados para disfrutar da aventura de aprender.
EMPEZAMOS !!!
Moita sorte Samuel e Cris !!!

lunes, 17 de julio de 2017
FELIZ VERÁN !!!!!
Rematamos o curso e agora xa toca disfrutar dunhas merecidas vacacións. Quero desexarvos un feliz verán e xa nos vemos á volta coas pilas recargadas e a ilusión de empezar unha nova aventura xuntos. Moitos bicos !!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)