Unha das cousas que máis nos gustan e xogar coas construccións que temos na clase. A imaxinación e a creatividade non teñen límites. Profe, unha foto !!!! me piden moitas veces para inmortalizar as súas obras de arte e aquí tedes unha mostra:
sábado, 27 de enero de 2018
O DINOSAURIO DE IAN
Ian fixo na casa coa axuda da súa mamá un dinosaurio con pezas de madeira. Pintouno con témpera e que quedou así de bonito:
viernes, 12 de enero de 2018
BOAS NOVAS !!!
Empezamos o 2018 cunha noticia estupenda: Claudia vai a ter un "bebé de verdade" como nos contou ela. Esta semana foi coa súa mamá ao médico e trouxo unha ecografía para ensinar na clase. Ainda non sabemos si é un neno ou unha nena ou si vai a ter rizos como a súa irmá pero seguro que Claudia nos ten informados. NORABOA !!!
OS XOGUETES DOS AMIGOS
Esta semana en pequenos grupos levamos ao cole un xoguete dos que nos trouxo Papá Noel ou os Reis Magos para ensinar aos amigos/as. Pasámolo fenomenal !!!
XA ESTÁN AQUÍ !!!
Como cada ano Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron unha paradiña no cole para deixarnos uns agasallos. Eles saben que estamos aprendendo moitas cousas, que traballamos moi ben e que nos portamos fenomenal. O mellor dos xoguetes é precisamente xogar cos amigos/as e sen dúbida esta foi a mellor maneira de empezar o trimestre:
viernes, 22 de diciembre de 2017
FESTA DE FIN DE CURSO
O xoves 21 disfrutamos no cole dunha xornada moi especial.
Pola mañá fixemos catro talleres relacionados coa figura do Apalpador:
- Obradoiro de plástica: confección dunha boina.
- Conto: a historia do Apalpador.
- Obradoiro de maquillaxe.
- Obradoiro de plástica: bola muñeco de neve.
Nos talleres tivemos a oportunidade de estar con nenos/as das outras clases de Infantil e tamén con outras profes.
Despois todos xuntos cantamos no patio a panxoliña de Mamá Cabra, unha canción adicada a todos os papás e por último disfrutamos dunha festa na clase para despedirnos dos amigos ata o ano que ven.
E tamén tivemos unha sorpresa, a visita do Apalpador que veu a visitarnos e nos trouxo de agasallo un conto coa súa historia. Qué sorte !!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)