O martes 23 contamos na asemblea o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para celebrar o día do Libro pero ao longo da semana preparamos diferentes actividades para conmemorar esta data tan importante:
Unha das actividades consistiu na elaboración por clase dunha viñeta sobre Mafalda:
E tamén o venres 26 cada neno/a veu caracterizado do seu conto favorito que compartiu e comentou na asemblea cos amigos:
Pola tarde viñeron a nosa clase os nenos/as de Reme para disfrutar xuntos dun contacontos que prepararon os compañeiros de 6º de Primaria:
E por último fixemos unha manualidade que consistiu nun colgador para a porta que levamos para a casa e que nos quedou así de bonito:
O xoves 11 de abril disfrutamos no Salón de Actos da actuación do coro dos nenos/as do colexo "Fondo Nois" da Mariña Lucense que interpretaron cancións de distintas partes do mundo e en diferentes idiomas: galego, castelán, xaponés, israelí ... O coro está formado por nenos/as dende segundo ata sexto de primaria. A nosa felicitación a todos eles e ao seu profe de música e director do coro Iván. NORABOA !!!
O venres celebramos o Día da Agua e da Árbore. Os nenos/as da clase de Laura de 3º de Primaria viñeron a contarnos moitas cousas dos vidueiros, a árbore que se vai a prantar este ano no noso cole. Tamén contamos na asemblea o conto: " A camiñada de Pin e Gas " que conta a historia de dúas pingas de auga que viaxan por terra, mar e aire:
O venres celebramos o día da Muller Traballadora coa lectura do conto " De puntillas" que narra a historia de Alex, unha nena que non atopa o seu lugar porque lle gustan os xogos considerados de "nenos": o fútbol, as canicas, o pilla pilla..., subir aos arbores... Alex non ten amigas e ningunha nena quere xogar con ela. Un conto que fala de valores como a igualdade, a amizade e o respecto cara aos demais . Na asemblea tamén comentamos as profesións das mamás e dos papás e explicamos que homes e mulleres poden realizar os mesmos traballos dentro e fóra da casa.
O venres pola tarde celebramos o tradicional desfile de Entroido no noso cole. Xunto cos compañeiros/as de Infantil e Primaria e a presenza dos nosos papás e amigos desfilamos todos guapos de músicos e músicas. Este ano o tema do Entroido eran os oficios tradicionais galegos e no desfile puidemos ver todo tipo de disfraces relacionados con esta temática: labregos, mariñeiros, mineros, indianos, costureiras ... Na clase fixemos os tambores para completar o noso disfraz de tamborileiros que confeccionaron os papás na casa e que quedaron así de bonitos: