O venres 24 disfrutamos no Salón de Actos dun teatro de títeres da compañía Mircromina "Vacacións no mar" que conta a historia da nena Mariña do Mar, o mariñeiro Moncho e o pirata Ollo Virollo. Un espectáculo de monicreques que nos gustou moito:
O mércores 22 tivemos na clase a visita de Kenzo, o irmán de Luca, que veu a vernos coa súa mamá Elva. Luca contounos as cousas que lle gusta facer co seu irmán pequeno , por exemplo ir á praia cos seus papás e buscar tesouros. Luca trouxo un ovo de tiburón para ensinar aos amigos e tamén cunchas, caracolas e ollomaos ( tiñan propiedades máxicas e tamén se empregaban coma botóns ou para aliviar a dor de cabeza ainda que agora úsanse para adornar pendentes, aneis e toda clase de xoias e bisutería). Luca tamén nos contou que estivo no Acuario, que lle gusta moito xogar con Kenzo e de agasallo trouxonos unhas botelliñas que preparou coa axuda da súa mamá. Moitas grazas Luca !!! Moita grazas Elva e Kenzo pola visita !!!
Entre todos fixemos un libro de debuxos para Kenzo para que tamén teñan un recordo deste día na clase de Luca e os seus amigos.
O mércores tamén celebramos no cole o día das Letras Galegas que este ano está adicado ao escritor Antonio Fraguas. Pola mañá disfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais que organizaron os mestres de Ed. Física Estefanía e Jonathan e que nos gustaron moito. E pola tarde puidemos ver a actuación do grupo de pandereta e baile galego para completar un día de celebración e entretemento.
O 15 de maio celébrase o día da Familia e na clase quixemos conmemorar esta data tan especial preparando un agasallo para os nosos pais, irmáns, avós ... que quedou así de primaveral e que fixemos con moito cariño para as persoas que máis nos queren e a quen máis queremos:
Materiais: cartulina, témpera, papel, pinceis, paus de madeira, cinta Técnica: pintura
Hoxe veu a visitarnos a nosa clase Adrián, o irmán de Martín, xunto coa súa mamá Silvia. Martín contounos moitas cousas do seu irmán e tamén de como axuda aos seus papás no coidado de Adrián. Cantamos a canción dos bebés e entre todos fixemos un libro de debuxos como agasallo para que teñan de recordo deste día tan especial. Moitas grazas Martín !!! Grazas Adrián e Silvia pola visita !!!
O martes 23 contamos na asemblea o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para celebrar o día do Libro pero ao longo da semana preparamos diferentes actividades para conmemorar esta data tan importante:
Unha das actividades consistiu na elaboración por clase dunha viñeta sobre Mafalda:
E tamén o venres 26 cada neno/a veu caracterizado do seu conto favorito que compartiu e comentou na asemblea cos amigos:
Pola tarde viñeron a nosa clase os nenos/as de Reme para disfrutar xuntos dun contacontos que prepararon os compañeiros de 6º de Primaria:
E por último fixemos unha manualidade que consistiu nun colgador para a porta que levamos para a casa e que nos quedou así de bonito:
O xoves 11 de abril disfrutamos no Salón de Actos da actuación do coro dos nenos/as do colexo "Fondo Nois" da Mariña Lucense que interpretaron cancións de distintas partes do mundo e en diferentes idiomas: galego, castelán, xaponés, israelí ... O coro está formado por nenos/as dende segundo ata sexto de primaria. A nosa felicitación a todos eles e ao seu profe de música e director do coro Iván. NORABOA !!!