TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

lunes, 6 de julio de 2020

FELICES VACACIÓNS !!!

   Despois dun curso "diferente" onde, a pesar da distancia, estivemos máis preto e máis unidos que nunca, chega o momento de despedirnos ata o curso que ven.
Este ano, ainda que fóra das aulas, non deixamos de aprender que xunt@s somos máis fortes, que as relacións interpersoais son imprescindibles, que temos que coidar o noso planeta, o mundo no que vivimos e especialmente que a saúde é o noso ben máis prezado.
Ogallá o próximo curso poidamos seguir disfrutando xunt@s da aventura de aprender.

                                                   FELICES VACACIÓNS !!!




domingo, 14 de junio de 2020

AS BOLSAS PARA OS NOSOS TRABALLOS

Cada vez somos máis conscientes de que hai que coidar o medio ambiente.
 Cada día con pequenos xestos como reciclar (papel, plástico, vidro ...),  aproveitar materiais, facer un consumo responsable ... xa estamos axudando ao noso planeta.  
Por eso na clase, a partir de agora, imos ter unha bolsa de tea para levar e traer todos os nosos traballos.
Unha bolsa que disfrutamos decorando:
E que nos quedou así de bonita:



viernes, 15 de mayo de 2020

SUPER FAMILIA


Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional da Familia.
Este curso non podemos deixar de celebrar unha data tan importante a pesar da situación tan excepcional que estamos vivindo. Por iso aquí tedes a montaxe coas vosas fotos e vídeos que a profe Noemí preparou para conmemorar esta data tan especial.
Nestes momentos, con moitos seres queridos na distancia, a familia está máis presente que nunca.
Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos que vos guste!

FELIZ DÍA DA FAMILIA !!!


jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: CONTO DE CONTOS

O 23 de abril celébrase o día do Libro. Na clase todos os días contamos un conto polo menos.
A hora do conto sempre é un momento máxico e de disfrute onde se crea un ambiente especial que nos transporta a mundos fantásticos e nos permite voar coa imaxinación a lugares marabillosos.
Nestes intres non podemos estar xuntos pero nun día coma hoxe non poden faltar os contos.
Aquí vos deixo un conto de contos feito con moito cariño que espero que vos guste.
Biquiños para tod@s !!!


Tamén vos deixo a dedicatoria de Xabi López, o autor do conto "No pasa nada " que quiso estar connosto neste día tan especial.
Xabi tiña previsto realizar un obradoiro para todo Infantil a finais do mes de marzo que se tivo que suspender dada a situación actual.


MOITAS GRAZAS XABI !!!
Esperamos verte moi pronto polo cole.
Biquiños para Zebra e Panda.

lunes, 20 de abril de 2020

O MURO DA CLASE

No blogue imos ter un muro para compartir fotos, vídeos, cousiñas que estamos facendo e todo o que nos apeteza para, deste xeito, estar un pouquiño más preto dos amig@s nestes intres que toca estar na casa. Ogallá poidamos estar pronto xuntos. Moito ánimo !!!

martes, 24 de marzo de 2020

INFANTIL QUEDA NA CASA

A partir de agora seguiremos en contacto a través do blogue "Infantil queda na casa".
 Dada a situación que estamos a vivir, dende o equipo de Infantil estamos preparando con moita ilusión un blogue común para este período fóra das aulas.
Neste blogue poderedes atopar diferentes propostas: pautas de traballo cos nen@s, recursos,
manualidades, experimentos, xogos, actividades de mates, contos, lectoescritura, receitas ...
Queremos que vos tamén poidades participar dunha forma activa, que o blogue vos resulte útil e que sexa unha experiencia enriquecedora para tod@s.
Teredes actividades on line, un espazo para comentarios e un "MURO" para que poidades deixar imaxes e vídeos para compartir cos demais.
Podedes acceder dende a páxina web do centro. A idea é poder engadir contidos de maneira continuada, se nos é posible, tendo en conta os recursos dos que dispoñemos nestes momentos.
Esperamos que vos guste !!!!
Vémonos en  INFANTIL QUEDA NA CASA !


lunes, 23 de marzo de 2020

" OLA, OLA CARACOLA "

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS !
 OLA, OLA CARACOLA !

Así empezamos todos os días a asemblea e así nos saudamos todas as mañás nada máis chegar ao cole. 
Imos estar uns días sen vernos ( levamos unha semana sen clase e xa vos boto moito de menos ).
Pero agora toca cuidarse. O máis importante é estar na casa, portarse fenomenal ( como sabedes facer moi ben), xogar moito e facer algunhas das actividades que están na páxina web do cole para vosoutr@s.
Eu tamén estou na casa, lendo e xogando ao parchís coa miñá mamá pero tamén preparando materiais, proxectos novos e cousiñas para a clase. 
Coa mesma ilusión e as mesmas ganas de sempre.
Ogallá poidamos vernos pronto e seguir disfrutando da aventura de aprender e divertirnos xuntos.
Moitos biquiños e abrazos de oso para tod@s.



E GRACIÑAS !!!  a todo o persoal sanitario que coida da nosa saúde, a todas as persoas que traballan para facernos a vida máis fácil e a toda a xente que queda na casa por eles e polos demais.