TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

domingo, 14 de febrero de 2021

DÍAS DE ENTROIDO

Chelo mandoume estas fotos que me fixeron moita ilusión e que comparto no blogue, destes zulús tan guap@s. Feliz entroido para tod@s!!!







martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

Neste ano tan complicado e difícil quería desexarvos un Bo Nadal e unhas Felices Festas e  que o 2021 veña cargado de saúde para tod@s. Disfrutade moito destes días en familia e ogallá poidamos vernos pronto. Moitos bicos  para os meus nen@s !!!




domingo, 13 de diciembre de 2020

viernes, 6 de noviembre de 2020

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

    A profe de apoio Fani propúxonos crear nas aulas INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS que, segundo o artista Javier Abad, son espazos de experimentación e transformación na que os nen@s, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, constrúen o seu propio coñecemento.
Ademais fomentan o xogo, a socialización, a exploración, a creatividade ... e co emprego de materiais de reciclaxe permiten traballar dende a escola o coidado do planeta.

Na nosa clase usamos elementos propios do outono xunto con materiais de reciclaxe:









Tod@s disfrutamos desta experiencia tan atractiva e divertida que seguro repetiremos.         Grazas Fani !!!


viernes, 30 de octubre de 2020

MONSTROS DE SAMAÍN

 Para celebrar Samaín cada clase escolleu un personaxe da canción de "Uxía Lambona e a banda molona" para decorar as aulas e ambientar o pavillón de Infantil. Nosoutros eleximos os monstros: