miércoles, 22 de mayo de 2024

AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: MEGHARA E VANESSA

    "Nos tratamos bien" foi a historia elexida por Meghara e Vanessa. Un  precioso conto que fala da amizade e  da importancia do respecto a un mesmo e aos demais e que nos ensina que as diferenzas entre nós son as que nos fan especiais. 

MOITAS GRAZAS MEGHARA E VANESSA !!!
















viernes, 17 de mayo de 2024

CELEBRAMOS OS MAIOS

    O xoves 16 celebramos no cole a Festa dos Maios que conmemora a chegada da primavera. En Infantil decoramos o noso maio coas flores que trouxemos da casa e despois disfrutamos coa música e as cancións de Branca Villares e Pablo Pintor.








AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ALBA E ANA

   Xanecas ten catro anos e, coma todos os nenos é moi curioso. O que máis lle gusta é explorar e case cada día fai un novo descubrimento. Así comeza " O embigo de Xanecas "un conto que explica dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo. 

MOITAS GRAZAS ALBA E ANA !!!






miércoles, 15 de mayo de 2024

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

    Con moito cariño preparamos este agasallo para as nosas persoas favoritas. Esperamos que vos guste.

                                                     FELIZ DÍA DA FAMILIA !!!







domingo, 12 de mayo de 2024

DE EIRUGA A BOLBORETA

    Estes días imos ter na clase eirugas que nos trouxeron Aldán, Carmela e Daniel para ver todo o proceso de metamorfose da bolboreta. Para secuenciar este proceso de crecemento da eiruga ata completar a metamorfose, a familia de Aldán preparou un panel de seguimento que imos completar entre tod@s.



      



Carmela explicounos que temos que gardar os vasiños coas eirugas a temperatura ambiente evitando a luz solar directa.




MOITAS GRAZAS FAMILIA !!! 
ESTAMOS ENCANTAD@S COA ACTIVIDADE





AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: ALDÁN, CARMELA E DANIEL

    Con Aldán, Adrián, Carmela e Daniel disfrutamos da historia " La oruga impaciente" que explica dunha forma divertida  o proceso de metamorfose dunha eiruga a bolboreta.  Tamén nos fala da importancia de ter paciencia para poder conseguir os nosos soños.

MOITAS GRAZAS ALDÁN, ADRIÁN, CARMELA E DANIEL !!!






AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO: GUZMÁN E MARIANA

    " Las jirafas no pueden bailar " foi o conto elexido por Guzmán e Mariana. Chufa quere participar no Baile da Selva pero como todo o mundo sabe as xirafas non poden bailar. Unha bonita  historia que nos ensina a importancia de expresarnos a través da arte e de non renunciar aos soños cando atopamos obstáculos. 

MOITAS GRAZAS GUZMÁN E MARIANA !!!