Nestes dous últimos meses tivemos a oportunidade de ver na clase o ciclo de vida da mariposa que se coñece co nome de metamorfose. Este ciclo ten 4 etapas: ovo, eiruga, crisálida (pupa) e mariposa.
Todos os días na asamblea observamos como as eirugas se alimentaban e medraban día a día.
Cando a eiruga medra o suficiente sube para colgarse da tapa e comeza a facer a pupa ou crisálida. É o momento de levalas ao seu novo hábitat. Comeza aquí a súa transformación.
Nesta etapa alimentamos as mariposas con froita (laranxas).
Na clase aproveitamos calquer momento do día para ver a súa transformación. Que emoción e que alegría sentimos ao ver como van evolucionando!!!
Unha vez completada a transformación ábrese a crisálida e xorde unha bolboreta adulta. Ao principio as súas ás están engurradas e blandiñas.






























































































