miércoles, 29 de enero de 2025

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE MARÍA, A IRMÁ DE MANUEL

   O martes 28 tivemos na clase a visita de María. Manuel contounos moitas cousiñas da súa irmá que xa ten 15 meses. Cantamos a canción dos bebés e tamén fixemos con moito cariño un libro de debuxos como agasallo desta visita tan especial.

   Grazas AZUCENA e MARÍA pola visita e grazas MANUEL por presentarnos a túa irmá.





domingo, 26 de enero de 2025

CANTO CONTO!!!

    Na clase sempre hai tempo para os contos. Despois da merenda e antes de saír ao recreo gústanos moito compartir historias cos amig@s.






miércoles, 8 de enero de 2025

VIÑERON OS REIS !!!

    Que alegría!!! Hoxe foi un día de reencontro cos amig@s pero ademais cando chegamos a clase atopamos uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos e que nos gustaron moito. Melchor, Gaspar e Baltasar saben que no cole traballamos moi ben e que nos portamos fenomenal.

MOITAS GRAZAS MAXESTADES !!!




domingo, 22 de diciembre de 2024

BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

 O Nadal é un momento máxico para vivir e disfrutar en familia. Os meus mellores desexos nestas datas tan especiais. FELIZ 2025!!!



CELEBRAMOS O FIN DE ANO

    O día 20 tamén celebramos o Fin de Ano no Laverde Ruíz. No hall de Primaria as profes Elvira e Nazareth deron as 12 badaladas e todos xunt@s comemos as "gusiuvas" cantamos e bailamos e pedimos un desexo para o próximo ano.


   Así de guap@s e elegantes demos a benvida ao 2025:

















A VISITA DE PAPÁ NOEL

 Con moita ilusión preparamos a carta para Papá Noel:


   E aproveitando que, a pesar do moito traballo que ten estes días, Papá Noel veu ao cole a visitarnos, deixamos as nosas cartas no buzón e fixémonos unha foto con el. 

GRACIÑAS PAPÁ NOEL POLA VISITA!!!



domingo, 15 de diciembre de 2024

TALLERES COS NEN@S DE 1º DE PRIMARIA

    Cos nen@s da clase de Silvia de 1º de Primaria fixemos un obradoiro de Nadal. O obxectivo é que os nen@s maiores e os pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e relacionarse nunha actividade lúdica, nun contexto diferente e con outras profes. Unha actividade que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Nas dúas aulas e durante dúas sesións fixemos un mural empregando diferentes técnicas: pintura, estampación, collage... Eu ademais, moi contenta de seguir en contacto e compartindo experiencias cos meus antigos alumn@s que xa están no cole grande. Gustounos tanto a actividade que seguro repetiremos!!! 

     SESIÓN 1













    SESIÓN 2