domingo, 23 de abril de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: ALDÁN, CARMELA E DANIEL

    Con Aldán e os seus papás Carmela e Daniel disfrutamos da historia do Coelliño Branco. Un conto que narra as aventuras dun coello que quere recuperar a súa casa ocupada pola cabra cabresa. Pídelle axuda a un boi, un galo, un can... pero todos os animais teñen medo, todos menos a formiga que lle axuda a volver ao seu fogar. Daniel e Carmela trouxeron uns monicreques para contar a historia e un cesto con cenoiras para prantar no noso horto. Moitas grazas familia !!!






1 comentario:

  1. Moitísimas grazas Maria José por permitirnos estar presentes na vosa asemblea e colaborar contándovos o conto do coelliño branco.
    Foi un pracer velos tan motivados e ilusionados e agradecemos todos os abrazos que nos deron os nenos ó despedirnos.
    Grazas.

    ResponderEliminar