sábado, 22 de abril de 2023

AS FAMILIAS CONTAN : DANIELA E SONIA

    " Lagrimas bajo la cama " de Ana Meilán foi a historia elexida por Daniela e Sonia para a sesión de contacontos, unha das actividades previstas para conmemorar a Semana do Libro. Canso de que todos o chamen chorón Simón decide gardar as súas bágoas en frascos debaixo da súa cama. Así comeza esta bonita historia que nos ensina que hai que chorar cando é necesario e que se pode chorar de tristura pero tamén de alegría. Daniela trouxo un bote coas súas bágoas, deunos a cada un de nós unha bágoa de papel e lembramos algún momento no que choramos tanto de tristura como de alegría.

Moitas grazas Sonia e Daniela ¡¡¡






No hay comentarios:

Publicar un comentario