miércoles, 22 de noviembre de 2023

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

    Novembro é o mes da Ciencia. Dende a biblioteca do cole quixemos achegar a ciencia aos nen@s dunha maneira amena e divertida. En Infantil tivemos a sorte de contar con Carmela (que é química ) Yanira e María (tres mamás da clase) que fixeron uns obradoiros para os máis pequenos e tamén para algúns cursos de Primaria.


   Aprendemos dun xeito sinxelo e didáctico que é a ciencia e o importante que é para as nosas vidas. Grazas aos científic@s e aos seus descubrimentos (vacinas, medicamentos...) e as leis que formulan vivimos nunha sociedade moito mellor.



   Con Carmela, María e Yanira tivemos a oportunidade de coñecer a cientíticos tan importantes como Galileo Galilei que foi o primeiro en descubrir que a lúa ten montañas e que a Terra xira arredor do Sol. E tamén a Marie Curie que foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e ademais é a única persoa que ten dous Nobel en distintas disciplinas (Física e Química). Xunto co seu marido Pierre descubriu o Polonio  e o Radio que ten importantes aplicacións no campo da Medicina. En España destacan a bioquímica Margarita Salas e a astrónoma galega Antonia Ferrín.



  Tamén disfrutamos moito cos experimentos porque aprender ciencia pode ser moi divertido!

VOLCÁN







POMPAS E BURBULLAS












PASTA DE ELEFANTE



MIL GRAZAS POLO VOSO MAGNÍFICO TRABALLO E POLA IMPLICACIÓN !!!

















2 comentarios:

  1. Moitísimas felicidades ó equipo da biblioteca por esta iniciativa para acercar a ciencia ós nosos nenos e grazas tamén por convidarnos a participar.
    Disfrutamos infinitamente do seu interés e entusiasmo e esperamos ter espertado no alumnado a curiosidade pola investigación e o coñecemento.
    MIL GRAZAS A VÓS!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que sorte para nós poder disfrutar destes obradoiros da ciencia e así tamén poñer en valor o traballo dos científic@s que coas súas investigacións e descubrimentos axudan a que a sociedade avance. Grazas Carmela, María e Yanira polo voso esforzo e marabilloso traballo!

      Eliminar