domingo, 26 de noviembre de 2023

" DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER "

    O venres 24 celebramos no cole esta data tan importante. Durante a semana escribimos o noso desexo para a eliminación da violencia. Eleximos entre tod@s a palabra IGUALDADE porque homes e mulleres, nenos e nenas temos os mesmos dereitos e podemos facer as mesmas cousas. E tamén a palabra AMOR  porque é a solución para moitos conflictos e problemas.











Cada un depositou o seu desexo no buzón:

E xa no patio, por aulas, colocamos os zapatos violeta no lazo e cantamos todos xunt@s "Quiero alas" para reivindicar os dereitos das mulleres.











No hay comentarios:

Publicar un comentario