O martes 19 celebramos a xornada de Portas Abertas para mostrar todos os traballos que fixemos durante o curso sobre as Persoas con Capacidades Diferentes.
No pavillón de Infantil preparamos o recuncho de Yayoi Kusama que é unha pintora xaponesa que sofre de trastorno obsesivo compulsivo. Coñecida como a "Raíña dos Lunares" emprega a pintura como unha maneira de afrontar a súa enfermidade e transformala en arte.
No hall de Primaria vimos as caixas de persoas de distintos países que teñen capacidades diferentes e que son recoñecidas polo seu traballo e pola súa loita.
Na biblioteca vimos os lapbooks que preparamos nas clases para coñecer os distintos tipos de discapacidade: sensorial, intelectual, psicosocial, cognitiva...
E o libro dos sentidos que fixemos nas aulas:
E, por último, na aula de música xogamos con algúns dos materiais inclusivos que tamén preparamos este curso:
NORABOA!!!



















No hay comentarios:
Publicar un comentario