Este luns celebramos no cole o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Na clase contamos "Orellas de Bolboreta" a historia de Mara, unha nena que emprega a imaxinación para xestionar as críticas dos demais. Un libro que pon en valor que as características que nos diferencian son as que nos fan únicos e especiais.
A nivel de centro e, xa nas clases, preparamos debuxos ou mensaxes positivas para que ningún neno na escola estea triste ou se sinta só.Despois levamos os nosos debuxos á caixa das mensaxes bonitas para que, ningún amig@ do cole perda o sorriso e se sinta feliz, seguro e contento no cole.












No hay comentarios:
Publicar un comentario