En Infantil compartimos espazos e materiais pero na situación actual toca adaptarse e cambiar rutinas e xeitos de traballar co obxectivo de garantir a seguridade de tod@s e minimizar o risco de contaxios. Este curso na clase imos ter 3 equipos de catro nen@s cada un. Cada equipo vai a ter un estante propio para gardar o material de traballo de uso individual ( libros, lapis, pinturas, rotuladores ... ) e unha bandexa para os almorzos. Tamén en cada equipo haberá distintos tipos de xogos que só poderan usar os nen@s do mesmo equipo.
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
viernes, 25 de septiembre de 2020
domingo, 20 de septiembre de 2020
lunes, 14 de septiembre de 2020
USO DA MÁSCARA
A nivel de Infantil queremos fomentar o uso da máscara como un hábito máis de hixiene. Queremos que os nen@s vexan o seu uso como necesario para a prevención de enfermidades e que valoren a súa importancia para evitar contaxios. Queremos fomentar o seu uso dentro e fóra da aula pero de maneira flexible e sempre tendo en conta a idade dos nen@s.
A través de historias tan divertidas coma esta que nos ensinan a utilizar de forma axeitada a máscara.
UN CURSO ESPECIAL
Iniciamos un novo curso coa ilusión de sempre pero cunha realidade diferente. Toca adaptarse a unha situación " excepcional" que implica tamén adoptar medidas "excepcionais" coa finalidade de garantir a saúde e a seguridade de tod@s. Con novos hábitos e novas rutinas pero de novo xunt@s e así de preparad@s EMPEZAMOS !!!
lunes, 6 de julio de 2020
FELICES VACACIÓNS !!!
Este ano, ainda que fóra das aulas, non deixamos de aprender que xunt@s somos máis fortes, que as relacións interpersoais son imprescindibles, que temos que coidar o noso planeta, o mundo no que vivimos e especialmente que a saúde é o noso ben máis prezado.
Ogallá o próximo curso poidamos seguir disfrutando xunt@s da aventura de aprender.
FELICES VACACIÓNS !!!
domingo, 14 de junio de 2020
AS BOLSAS PARA OS NOSOS TRABALLOS
Cada día con pequenos xestos como reciclar (papel, plástico, vidro ...), aproveitar materiais, facer un consumo responsable ... xa estamos axudando ao noso planeta.
Por eso na clase, a partir de agora, imos ter unha bolsa de tea para levar e traer todos os nosos traballos.
Unha bolsa que disfrutamos decorando:
E que nos quedou así de bonita:


















