Sophie trouxo plantas de tomate e cabaza para que coidemos entre tod@s durante esta primavera.
Na clase xa temos o noso recuncho do horto. Polas mañás vemos como medran as plantas e o encargado é o que se ocupa de regar e botar a auga que necesitan.
Sophie trouxo plantas de tomate e cabaza para que coidemos entre tod@s durante esta primavera.
Este luns celebramos no cole o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Na clase contamos "Orellas de Bolboreta" a historia de Mara, unha nena que emprega a imaxinación para xestionar as críticas dos demais. Un libro que pon en valor que as características que nos diferencian son as que nos fan únicos e especiais.
A nivel de centro e, xa nas clases, preparamos debuxos ou mensaxes positivas para que ningún neno na escola estea triste ou se sinta só.Na clase escoitamos "A primavera" de Antonio Vivaldi que forma parte das Catro Estacións. Escrita en clave maior representa o despertar da natureza onde o violín imita o canto dos paxaros. Así é como debuxamos a música desta composición.
O día 23 para celebrar o Día do Libro disfrutamos dun contacontos na biblioteca do cole. Lucía, a mestra de 3 anos e autora de "Respira Carmela" contounos a historia da ra Carmela e do seu amigo Lolo o camaleón que nos gustou moito. Despois fixemos unha actividade relacionada co conto e Lucía regalounos un monicreque para levar a nosa casa. Moitas grazas Lucía!!!
Para a Feira do Libro decoramos a portada do libro negro das cores. Un conto escrito en braille que invita aos nen@s a "ver" as cores cos ollos pechados. Así foi o proceso:
O libro leva un código QR para poder escoitar a historia gravada polos nen@s da clase.
O venres 17 celebramos a II Feira do Libro. Pola mañá os nen@s de Infantil asistimos a súa inaguración.